Actualidade Hooked on You, un novo ‘dating sim’ baseado en Dead by Daylight

Hooked on You, un novo ‘dating sim’ baseado en Dead by Daylight

Pode que este verano sexa un novo verano do amor. Ou non. Quen sabe. A cousa é que Hooked on You chegará este verán para PC a través de Steam. Que é Hooked on You? Pois un novo simulador de citas baseado en Dead by Daylight. 

A cousa ten o seu aquel. O anuncio chega logo da celebración do sexto aniversario do título de terror, que aínda hoxe continúa sobrevivindo e gozando dun bo número de xogadores tal e como demostran as cifras de Steam ou de espectadores en Twitch. É certo que o título apareceu filtrado hai varios meses, pero aínda non estaba moi claro que sería ou como sería.

E si, os asasinos de Dead by Daylight tamén teñen os seus intres de romanticismo, cando aburren de perseguir adolescentes. Como xogadores, entraremos na Illa dos Asasinos, onde atoparemos catro psicópatas «moi sexys». Tocará conversar, coñecerse e, finalmente, atopar o amor ou morrer a mans doutro asasino, dependendo das decisións que tomemos.

Os principais protagonistas deste simulador de citas serán a Cazadora, o Espírito, o Trampeiro e o Espectro, aínda que chegarán, de xeito previsíbel, futuros episodios que poidan incluír novas citas. Ligar con Jason ou Freddy Krueger? Tentador.

Detrás de esta pequena tolemia están Psyop, os mesmos que crearon I Love You, Colonel Sanders! A Finger Lickin’ Good Dating Simulator.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.