Os novos auriculares Oppo Enco X2 xa se poden mercar no noso país por 199 €

Os Oppo Enco X2, os novos auriculares de referencia do fabricante chinés Oppo, xa están dispoñíbeis no noso país, onde se poden adquirir de maneira exclusiva a través da tenda en liña da compañía por 199 €, en branco ou negro.

Os Oppo Enco X2 contan co sistema acústico Super Dynamic Balance Enhanced Engine (SuperDBEE), desenrolado por Dynaudio, que grazas a dous controladores coaxiais ofrece un audio máis natural, co obxectivo de xerar as máximas sensacións auditivas nas usuarias. Ademais permiten disfrutar de transmisións de alta resolución grazas ao certificado Hi-Res Audio Wireless, que poderán desfrutar as usuarias de dispositivos como os da serie Oppo Find X5 ou de outros modelos compatíbeis con este tipo de transmisións.

Ademais, os Oppo Enco X2 incorporan a tecnoloxía Golden Sound, que cunha proba de cinco minutos é quen de definir o modelo de canle auditivo da usuaria, ofrecendo unha calidade de audio que se asemella ao dun estudo de gravación.

Están construídos cun chip ANC de triple núcleo, que admite ANC de dobre micrófono, de maneira que cada un dos auriculares conta con dous micrófonos de alta relación sinal – ruído, capaces de ofrecer unha profundidade ANC que pode acadar os 45 dB, e un rango de frecuencia ANC de até 4000 Hz. Con isto poden cancelar de maneira efectiva diferentes ruídos e mesmo as voces humanas non desexadas.

Están equipados con carga ultrarrápida e soportan carga sen fíos co estándar Qi. Combinados co estoxo de carga, poden durar até 40 horas. Ademais, cunha carga de 5 minutos ofrecen até dúas horas de reprodución de música.

Os Oppo Enco X2 están deseñados de maneira aerodinámica, e só pesan 4,7 gramos. Ademais contan con clasificación IP54 a proba de pó e impermeabilidade, e están fabricados con materiais que axudan a inhibir o crecemento de bacterias que se derivan de longos períodos de uso.

Sobre o autor

Reply