A RØDECaster Pro II busca solucionar as demandas de audio dun amplo abano de creadores de contido
martes, 24 de maio do 2022
Nos últimos anos RØDE gañou peso entre os creadores de contido,
e moi especialmente entre os podcasteiros, sen un dos seus produtos estrela a mesa
de mesturas RØDECaster Pro, que vén
de presentar a súa sucesora, que podemos ver como un paso adiante para
converterse nun estudio de produción sonora máis completo, que poidan satisfacer
a streamers, podcasters, músicos e moitos outros creadores de contido.
A RØDECaster
Pro II é basicamente unha mesa de mesturas con preamplificadores de alta
ganancia (até 76 dB, polo que non precisarÃa de accesorios adicionais para
empregar micrófonos como o célebre Shure SM7b) e un nivel de ruÃdo ultra baixo
de xeito que permite o uso de até 4 micrófonos e instrumentos mediante XLR, ten
6 controladores de volume fÃsicos (aÃnda que internamente pode xestionar até 9
canles sonoras), inclúe 8 botóns programables (pensados principalmente para
disparar sons pregravados, pero que tamén serven para aplicar efectos dun xeito
áxil), permite integrar chamadas telefónicas mediante Bluetooth, coa dobre
conexión USB-C pode conectarse a dous ordenadores ou dispositivos móbiles, permite
facer gravacións multipista (ou estéreo) en tarxetas microSD, memorias USB ou
ordenadores e incluso integra unha pantalla táctil de 5,5 polgadas. Incluso
conta con Wi-Fi e Gigabit Ethernet, polo que confÃase en que teña unha boa
integración con outros equipos e dispositivos.
Este atractivo produto chegará ao mercado en tres semanas, sendo o seu prezo
recomendado nos EE.UU. de 699 dólares (nalgunhas tendas europeas figura a 799 euros),
o que é considerablemente máis caro que o modelo anterior, o que parece querer
mandar a mensaxe de que estamos ante un produto máis ambicioso, que non se
conforma con ser unha mesa de mesturas para podcasters, e pretende ofrecer máis
posibilidades.
VÃdeo de presentación da RØDECaster Pro II