Canon presenta cámaras EOS R con sensor APS-C
mércores, 25 de maio do 2022
Hai uns meses dende
Canon aseguraron que non desenvolverÃan novas cámaras DSLR profesionais, ou
sexa, que non haberÃa auténticos modelos novos de cámaras réflex, quedando o
formato relegado a cámaras de entrada, e como constatación desta nova polÃtica
temos a presentación
de novas cámaras Canon EOS R con sensores APS-C, tamaño de sensor propio
das DSLR, e que agora tamén estarÃan dispoñibles para cámaras sen espello.
Estas novas cámaras estarÃan orientadas a afeccionados que queiran cámaras de grande
velocidade e rendemento, pero cun deseño contido en tamaño.
Estes novos modelos
da gama EOS R herdarÃan a tecnoloxÃa de enfoque automático intelixente dos
modelos full frame, e tanto
poden disparar até 15 imaxes por segundo tirando proveito do obturador mecánico,
mentres que coa función de obturador electrónico poden disparar até a 30 imaxes
por segundo (a EOS R7).
A Canon EOS R7 tamén presume
de estabilización de imaxe no seu corpo á vez que estrea sistema IS para
nivelar a liña do horizonte e asà compensar os movementos verticais cando se
dispara cos novos modos panorámico e de barrido.
As EOS R7 e EOS R10 contan con sensores APS-C de 32,5 e 24,2 MpÃxeles e pesan
612 e 429 gramos respectivamente, podendo ambas gravar vÃdeo 40K a 60p ou 30p a
partir de mostras de 7K e 6K respectivamente, conseguindo unha extraordinaria
calidade de imaxe. A EOS R7 tamén conta cun modo 4K a 60p con recorte, orientado
a gravacións a distancia (como as gravacións de natureza).
As cámaras con compatibles con obxectivos EF e EF-S, o que resulta moi acaÃdo
para usuarios que proveñan de cámaras réflex dixitais. A Canon EOS R7 poderase
mercar sen obxectivos por 1.579,99 euros, mentres que a Canon EOS R10 sen obxectivos
custará 1.029,99 euros, evidenciando que estes novos produtos afástanse considerablemente
do formato DSLR no prezo, pese a que ambos tipos de cámara empreguen sensores
APS-C.
VÃdeo de presentación das novas cámaras EOS R con sensor APS-C