Polos de arandos

Parece que chegou o verán, así que iniciamos a tempada de xeados. Hoxe tráivos unha receita de polos superdoada de facer. Só precisamos iogur e a nosa froita favorita.

Ingredientes:

🔸 1 presada de arandos
🔸 2 iogures naturais *
🔸 1 cullerada de mel ou do edulcorante que máis vos guste (opcional)

*Tamén tedes a opción de mercar os iogures con sabor a arandos ou á froita que máis vos guste. Mais eu prefiro mercalos naturais e ir botando arandos até conseguir o sabor que máis me gusta. Canta máis froita, máis intenso será o sabor.

Preparación:⁠

  1. Lavamos ben os arandos e secámolos. A seguir, trituramos todo e vertemos a mestura en moldes para xeado.
  2. Metémolos no conxelador unhas 5-6 horas. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario