Pan de banana e chocolate

Hai biscoitos e biscoitos e o pan de banana é deses que sempre enchen o ollo. Ademais, agora que comeza a facer calor, as bananas maduran moito máis rápido. E cómpre ter pola man algunha receita para non ter que tiralas, que é unha mágoa. Así que esta receita de pan de banana e chocolate é ideal para aproveitar as bananas maduras.

pan de banana e chocolate

Aínda que xa fixemos no blogue a receita tradicional, tiñamos que probar a versión con cacao. E a verdade é que se xa probastes o outro, este vaivos gustar de seguro! E se xa lle engadimos as pingas de chocolate branco… Que mais se pode pedir? Fica un pan húmido, tenro, suave, que se desfai na boca. E cun sabor a chocolate e a banana que combina de marabilla. Co punto de dozura perfecto, estou segura de que ha resultar ben difícil que só comades un anaquiño.

pan de banana e chocolate

O paso a paso non pode ser máis sinxelo. Ingredientes secos por un lado, húmidos por outro e mesturar. Por suposto as pingas de chocolate poden ser do chocolate que máis vos guste. Eu fíxeno con anacos chocolate branco porque é o meu sabor preferido e porque prefiro cortalo eu co coitelo e que queden anacos máis grandes.

pan de banana e chocolate

Ingredientes

  • 4 plátanos ben maduros

  • 60 gramos de manteiga desfeita

  • 60 ml de aceite de oliva suave

  • 2 ovos batidos

  • 1 culleradiña de esencia de vainilla

  • 100 gramos de azucre branco

  • 100 gramos de azucre moreno

  • 150 gramos de fariña

  • 50 gramos de cacao

  • 1 belisco xeitoso de sal

  • 150 gramos de chocolate branco

Preparación

  • Nun cunco, mesturamos as bananas feitas puré cun garfo, manteiga, aceite, ovos e vainilla. Poñemos o forno a quentar a 175ºC. pan de banana e chocolate
  • Engadimos os azucres e batemos de novo. pan de banana e chocolatepan de banana e chocolate
  • Mesturamos os ingredientes secos: fariña, cacao, bicarbonato e sal. pan de banana e chocolate
  • Botamos todo sobre a mistura húmida e mesturamos.
    pan de banana e chocolate
  • Engadimos o chocolate branco, xa picado. pan de banana e chocolate
  • Bota a masa sobre un molde de 30×20, forrado con papel de enfornar. Recorda que se o mollas, será moito máis sinxelo de colocar. pan de banana e chocolate
  • Enfornamos durante uns 50-60 minutos ou ata que un escarvadentes cravado no centro saia cunhas poucas fungallas pegadas.
  • Deixamos que arrefríe e sacámolo do molde.pan de banana e chocolate

Aguanta uns días en perfecto estado sempre que quede tapado. Tamén se pode conxelar en porcións ou todo xunto. Se queredes que os anacos de chocolate se desfaga, podedes poñer o anaco que vaiades tomar uns segundiños no microondas. Perfecto para almorzo, merenda ou sobremesa. Ide con ollo, que está moi bo, e logo se acaba.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.