1252 días

1252. Ese é o número de días dende que comezamos esta aventura. O que fora unha conversa de Whatsapp materializouse nunha web hai tres anos, nunha revista nas baldas das librarías galegas hai dous e nunha cooperativa coa que traer historia e cultura en galego dende o ano pasado. Co número 8 da revista en papel no forno e novos proxectos en marcha, facemos un punto e a parte até setembro.

Chegan momentos de cambio e de moita preparación para a vindeira etapa. Polo que nos toca, queremos agradecer a todas as persoas que continúan ao noso lado. Ás que nos axudan a seguir adiante e nos apoian tanto nas actividades que celebramos como no día a día das redes.

Vémonos en setembro tras cargar as pilas e volver coa mesma enerxía do primeiro día.

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

Deixa un comentario

Publicidade