REVISTA MARZO

A Biblioteca Neira Vilas rende homenaxe a Domingo Villar na Feira do Libro

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas participa na Feira do Libro, que se celebra do 1 ao 7 de xullo en Príncipe, cunha caseta na que rende homenaxe ao escritor vigués Domingo Villar, falecido recentemente. Haberá un roteiro polo Vigo do escritor, unha lectura dos seus textos e ata unha quiniela sobre o Inpector Leo Caldas con premios máis que apetitosos!

Banner A Movidiña

A Biblioteca Xosé Neira Vilas non quere deixar escapar a oportunidade de render homenaxe a un dos escritores máis destacados da literatura galega actual: Domingo Villar. O pasado 18 de maio recibimos a triste e inesperada noticia da súa morte a causa dun infarto cerebral. Agora, a biblioteca quere recordalo con varias actividades na caseta que terá durante a Feira do Libro, do 1 ao 7 de xullo, na rúa Príncipe.

A través do mapa literario de Vigo a bliblioteca propón un roteiro polo Vigo do escritor ao que nos podemos achegar na nosa visita a feira. Ademais, o martes 5 a partir das 20h diferentes voluntarios do Concello de Vigo e o tamén escritor e director da Editorial Galaxia, Francisco Castro, farán unha lectura pública de textos de Villar.

Por último, todas as persoas que se acheguen á caseta da biblioteca poden participar na Quiniela do Inspector Leo Caldas. Os participantes no xogo poden gañar diferentes premios como a degustación dos pratos farvoritos do Inspector no Bar Puerto e no Eligio, visitas guiadas á EMAO, e viaxes de ida e volta a Moaña en barco.