Lydia Pérez Touriño vén de facer historia nos Xogos do Mediterráneo que celebraron en Orán (Arxelia). A loitadora galega acadou a medalla de bronce no peso de 62kg e convértese, segundo informa a Federación Galega de Loita (FEGALOITA), na primeira deportista feminina galega e acadar un metal nesta competición.
A deportista pontevedresa alzouse coa medalla de bronce. Das once medallas acadadas polo deporte español, tres foron en modalidades de loitas olímpicas: a prata de Levan Metreveli (Baleares) e os bronces de Marina Rueda (Andalucía) e Lydia Pérez Touriño (Galicia).
No me lo puedo creer! 😭😭♥️♥️
Después de tanto esfuerzo y sacrificio y tras muchas oportunidades desperdiciadas, por fiiin ha llegado!!🥉 pic.twitter.com/6KwuChtQrD
— Lydia pérez touriño (@Lydialucha) June 30, 2022
Pérez Touriño clasifcouse segunda do seu grupo, cedendo o triunfo so ante a medallista mundial Ameline Douarre (Francia), e vencendo ás loitadoras de Turquía e Argelia. Na semifinal, a medallista mundial Marwa Amri (Túnez), venceu a Lydia Pérez, obtendo o pase á final e relegando á deportista galega á loita polo terceiro lugar. A medalla de bronce gañouna a loitadora galega ante M. Soudani (ALG), cun apretado 12 – 11, final.
“Esta é primera vez que unha deportista femenina de Galicia, consegue unha medalla nuns Xogos do Mediterráneo”, explican desde FEGALOITA.
A loitadora Lydia Pérez adestra no CGTD de Pontevedra
Lydia Pérez continuará adestrando no CGTD de Pontevedra ás ordes de Marcos Miragaya e Rubén Méndez, para preparar o Gran Premio de España do 9 de xullo en Madrid.