Polos de té matcha con Deleite

Estes días que morremos de calor, que mellor que refrescarnos cuns polos! Por iso, en colaboración con Deleite creamos esta deliciosa receita para todas vós.

📝 Ingredientes:

🔸 250 ml de Deleite
🔸 50 ml de auga
🔸 1/2 culleriña de té matcha
🔸 Unha culleriña de azucre (opcional)

👉 Preparación:⁠

1. Poñemos a auga ao lume e antes de que rompa a ferver retirámola. Engadimos a auga nunha cunca e engadimos o té matcha. Remexemos ben até que se dilúa.

2. Mentres, poñemos o leite ao lume e retirámolo antes de que ferva. A seguir, vertemos o leite na cunca do té xunto ao azucre (de querermos botalo, é opcional) e remexemos. Cando estea todo integrado, deixamos que arrefríe un pouco antes deencher os moldes de xeado.

3.  Metemos os moldes no conxelador unhas 3-4 horas e listo.

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario