EA Sports dará nome a LaLiga

martes, 2 de agosto do 2022 Marcus Fernández

EA Sports anunciou hai pouco que FIFA 23 sería a última entrega da súa saga de xogos de fútbol baixo o paraugas da marca FIFA, pasando logo a chamarse EA Sports FC, e para das a coñecer o cambio de marca emprenderán numerosas campañas promocionas entre as que destaca a que vén de adiantar Marca: EA Sports dará nome a LaLiga.
Aseguran que EA Sports investirá preto de 30 millóns de euros ao ano para que a partir da tempada que comeza o ano que vén a competición española de primeira división pase a chamarse LaLiga EA Sports, nun acordo de cinco anos que claramente beneficia a LaLiga, que cobraba 17 millóns de euros/ano a través do seu acordo co Banco Santander.

ACTUALIZACIÓN: Electronic Arts e LaLiga anuncian oficialmente que «a partir da tempada 2023/24 a colaboración entre EA Sports FC e LaLiga traerá consigo un novo rebranding polo que EA Sports pasará a ser o novo title sponsor de todas as competicións de LaLiga. Ademais crearanse novos logotipos, gráficos, fontes e outros elementos visuais. Esta sociación ofrecerá novidades no xogo, melloras destacadas na retransmisión dos partidos, unha maior interaccións cos seareiros e compromisos conxuntos para apoiar as iniciativas do fútbol base».

PUBLICIDADE