Jetpack Joyride terá secuela
mércores, 3 de agosto do 2022
O xogo Jetpack Joyride de Halfbrick Studios converteuse
en todo un fenómeno en 2011, cando conseguiu
colocarse como lÃder en vendas na App Store grazas á súa mecánica sinxela, a
súa estética e un deseño de niveis que facÃa que os seus retos fosen divertidos
de superar, enganchando a
millóns de xogadores de todo o mundo, e agora sorprenden anunciando que o 19 de
agosto estrearase na App Store Jetpack
Joyride 2, aÃnda que co
detalle de que non poderá mercarse, xa que só estará dispoñible para os subscritores
de Apple Arcade.
Jetpack Joyride 2 achegará
novo equipamento e arsenal co que loitar contra novos inimigos para abrirse
camiño polos laboratorios parando os pés aos cientÃficos e os seus experimentos
antes de que sexa tarde. O xogo presenta novos gráficos e animacións en alta
definición, e aÃnda que mantén as mecánicas orixinais, contará con novos xeitos
de xogar, revitalizando todo un clásico para dispositivos móbiles.
Que este xogo remate no servizo Apple Arcade foi todo unha sorpresa, xa que hai
uns meses estivo en probas nalgúns mercados tanto para iOS como para Android,
polo que é probable que a longo prazo vexa a luz fóra do servizo de subscrición
cunha lixeira modificación no seu nome e adaptando a xogabilidade para un
modelo free-to-play.