Os televisores LG ofrecen 3 meses de balde a Stadia Pro
mércores, 3 de agosto do 2022
Para
que os usuarios sexan conscientes de que é posible gozar do xogo na nube
directamente dende o televisor temos promocións como a de Google Stadia con LG,
na que usuarios con televisores
que funcionen con webOS 5.0 ou superior (modelos de a partir de 2020) poden
gozar de 3
meses de balde do servizo Stadia Pro.
A oferta está dispoñible dende a tenda de aplicacións dos televisores LG, onde
figura un código que pode introducirse en Stadia para poder gozar de 3 meses
adicionais na subscrición de Stadia Pro, o que permite gozar a medio cento de
xogos na nube que poderán xogarse en 4K con HDR, 60 imaxes por segundo e son envolvente,
o que serÃa comparable a experiencia que ofrece un ordenador de alta gama, pero
precisando unicamente dunha boa conexión á Rede e un mando ligado ao televisor.
Dentro de Stadia hai dispoñible moitos grandes tÃtulos, como Cyberpunk 2077,
Resident Evil Village, Assassin’s Creed: Valhalla e moitos
outros, que poden adquirirse para xogarse a longo prazo, aÃnda que cando non
estea vixente unha subscrición a Stadia Pro a calidade gráfica redúcese até
Full HD, o que segue a ser dabondo para a meirande parte dos usuarios.