O Surface Laptop SE de Microsoft, deseñado para estudantes de primaria e secundaria, xa se pode reservar no noso país

Microsoft vén de anunciar a dispoñibilidade en pre-reserva da Surface Laptop SE, o modelo máis asequíbel desta gama hardware da compañía, deseñado especialmente para o sector educativo (primaria e secundaria). Está equipado con Windows 11 SE, e entre as súas principais características destacan as de ter un deseño delgado e ser un dispositivo lixeiro, o que fai que sexa axeitado para transportar nunha mochila ou similar.

A Surface Laptop SE conta cunhas dimensións de 28,4 x 19,3 x 1,77 cm, e pesa pouco máis dun quilogramo. Integra unha pantalla de 11,6 polgadas, cámara de alta definición frontal (HD de 720p), altofalantes estéreo e unha batería de longa duración, que ofrece até 16 horas de autonomía. Tamén destaca no apartado de hardware un teclado deseñado para evitar as distracións, apostando pola redución do ruído ao premer as teclas.

En canto ao sistema operativo, a Surface Laptop SE vén equipada con Windows 11 SE, unha versión de Windows 11 optimizada para os entornos educativos, que inclúe experiencias de aprendizaxe inclusivas e funcións para traballo híbrido online – offline, o que inclúe que as apps de Microsoft (Word, PowerPoint, Excel…) poden usarse sen conexión, para gardarse os cambios na nube cando se recupera o acceso á rede.

Dispoñibilidade e prezo

A nova Surface Laptop SE está dispoñíebl para reservar a partir de 299 €, e porase á venda a finais de ano. A reserva pode facerse a través dos diferentes distribuidores oficiais da compañía.

Sobre o autor

Reply