Solombo de porco con puré de mazá e castañas

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

60 minutos

Ingredientes

  • 1 solombo (400 g)

  • 2 mazás grandes

  • 2 dentes de allo

  • 1 culler de mel

  • ½  vasiño de albariño

  • 1 chorriño de zume de limón

  • pirixel, tomiño e alfábega secas

  • 12 castañas crúas

  • aceite de oliva

  • sal

  • pementa negra

Pasos

  • Antes de preparar o solombo imos cocer as castañas, para iso tirámoslles a pel exterior e botámolas nun cazo con auga fría e un chisco de sal. Cando comecen a ferver agardamos 20 minutos e pelámolas antes de que arrefríen para que sexa máis doado.
  • Reservámolas para a gornición e comezamos co solombo. Botamos nunha tixola un chorriño de aceite de oliva e cando esté ben quente engadimos o solombo salpementado e dourámolo ben por todos os lados para selalo. 
  • Picamos moi fino os dous allos cun coitelo e nun cunco mesturámolos co vaso de viño, o mel, as herbas e un chorriño de aceite. Integramos todo ben e cun pincel pintamos o solombo. A continuación metémolo no forno, que previamente quentamos a 170º C, e deixámolo uns 25 ou 30 minutos pintándoo un par de veces máis co mollo que preparamos.
  • Mentras se cociña no forno aproveitaremos para facer o puré de maza, pelamos e cortamos en anacos as mazás e botámolas nunha pota pequena cun chorriño de zume de limón e medio vaso de auga. Deixamos a fogo suave uns 15 minutos, remexendo de cando en vez até que se desfagan ben e queden coa textura desexada. 
  • Pasados os 25 minutos podemos darlle un corte no medio ao solombo para ver se xa está ao noso gosto ou o preferimos máis cociñado, o ideal é que fique algo vermello polo centro para que estea máis zumarento. Finalmente cortámolo en toros e servimos no prato botándolle por enriba unha culler do mollo que se formou na bandexa e acompañado do puré de mazá e das castañas.