Dinahosting baixa os prezos en todos os seus servizos polo Black Friday e Cyber Monday

A galega Dinahosting, unha das empresas referenciais no ámbito do aloxamento web e da xestión e rexistro de dominios no noso país, únese á celebración do Black Friday e Cyber Monday, baixando os prezos en todos os seus servizos até o próximo 28 de novembro.

Así, a compañía ofrece a portabilidade gratuíta de webs e correo, para que calquera poida migrar os seus servizos desde outra provedora a Dinahosting, de maneira gratuíta e sen ter que facer nada, xa que o equipo de soporte técnico da compañía será o que se encarge de todo.

En canto á alta de dominios, os .COM, .ES, .ORG e .NET custarán 8,99 €/ano, e o .GAL, .EUS ou .CAT por 1 €/ano. Tamén contan con descontos por volume, polo que a máis dominios rexistrados, maior será o desconto.

Os grandes descontos tamén chegan aos hosting. Así, o plan de Hosting Avanzado está a 27 €/ano, e no resto de plans o desconto vai até o 60%. Todos os plans inclúen desde 50 GB de espazo, transferencia ilimitada, backups gratuitos, certificados SSL Let’s Encrypt preinstalado e unha garantía de reemboloso de 30 días.

A compañía tamén ofrece un 20% de desconto nos certificados SSL, outro 20% en Servidores Virtuais (VPS) e até o 50% en Servidores Dedicados, tanto en modelos Administrados como Non Administrados. Estes servidores contan con IP e hardware das mellores marcas para ofrecer maior fiabilidade e seguridade.

Por último, Dinahosting tamén ten rebaixado ao 50% o servizo de Backup Administrado, para gardar copias de seguridade, e as licenzas ilimitadas, para que o usuario poida crear todas as webs que queira dentro do seu Dedicado.

Máis información | Dinahosting

Sobre o autor

Reply