A Xbox Series S sitúase ao prezo máis agresivo da súa historia
luns, 21 de novembro do 2022
Esta semana os produtos de electrónica de consumo celebran a
proximidade do Black Friday con grandes rebaixas, como tamén fai o sector dos
videoxogos, con grandes descontos en xogos e accesorios, e unha impresionante
sorpresa por parte de Microsoft, que até
o 28 de novembro desconta 50 euros na Xbox Series S, de xeito que na
Microsoft Store pode adquirirse por 249,99 euros, pero este prezo é unicamente
unha referencia, e hai establecementos que melloran o prezo, como Amazon,
que vende a consola de nova xeración por 228,99 euros.
Noutras circunstancias a rebaixa da Xbox Series S non serÃa tan rechamante,
pero chega nun momento no que a PlayStation 5 continúa a ser moi difÃcil de
adquirir, e normalmente só pode conseguirse en lotes que superan os 750 euros
de prezo.
Microsoft aproveita para lembrar que é posible subscribirse ao Game Pass por só
1 euro o primeiro mes, que varios mandos das súas consolas teñen un 30% de
desconto, e máis
de 900 xogos de Xbox teñen descontos de até o 67%. Unha boa oportunidade
para facerse con eses produtos antes do Nadal, aÃnda que no caso das consolas
Xbox a plataforma de xogos está máis enfocada a instar aos xogadores a
subscribirse so Game Pass que a mercar xogos (aÃnda que iso segue a ser posible,
aÃnda que no caso da Xbox Series S, só en formato dixital, xa que carece de
lector de discos).