Illa Pancha quenta motores

Illa Pancha quenta motores

Illa Pancha quenta motores con esta potente sesión de surf XXL e grandes surfeiros internacionais na auga grazas a Eric Rebiere e o seu equipo.  Tras 7 horas de coche desde Nazaré, algúns dos mellores surfeiros de ondas xigantes do mundo, viñeron a Ribadeo, para proceder á segunda sesión previa ao campionato de Illa Pancha Big Waves desta tempada.

Entre eles atopábanse surfeiros de renome internacional desta modalidade, como Lucas Chumbo e Ian Consenza e representando a Galicia, o campión de España Juan Fernández, e o franco brasileiro afincado en Bastiagueiro Eric Rebiere. Juan puido coller unha das bombas que se viron durante a mañá, unha das mellores ondas que se haxan surfeado na temida onda do “panchorro”.

O público foi achegándose ao faro e a medida que os surfeiros ían quentando puidéronse ver algunhas das manobras máis radicais, como un aéreo 360º antes de entrar nunha caverna enorme de Lucas Chumbo ou o tubazo de William Santana. Tamén cabe destacar a actuación do skimboarder Lucas Fink quen busca romper o récord mundial da onda máis grande surfeada cun skimboard.

Todos os surfeiros dérono todo nunha intensa sesión que durou ao rededor de 4 horas.

A cuarta convocatoria do campionato terá lugar cando se reúnan as condicións perfectas de vento e de mar.

Illa Pancha quenta motores
Watch the video

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.