Lowi súmase aos bonos dixitais de conectividade para colectivos vulnerábeis de Galiza

Lowi vén de anunciar que recibiu a autorización da Xunta de Galiza como Operadora Colaborador para a participación no proxecto de Bono Dixital de Conectividade para Colectivos Vulnerábeis de Galiza, de maneira que as persoas que pertenzan a algún destes colectivos poden solicitar dita subvención a través da Sede da Xunta e contratar a continuación a súa fibra con Lowi.

O proxecto ten unha inversión en Galiza de máis dun millón de euros, e un total de 5.744 persoas poderán acollerse a esta iniciativa, que supón unha subvención de até 240 € por un total de 12 meses (20 €/mes de subvención na cota de telecomunicacións.

O proceso para solicitar o bono dixital é o seguinte:

  • En primeiro lugar débese confirmar na Sede Electrónica da Xunta de Galiza que poida ser beneficiaria do Bono Dixital, e será a Xunta quen conceda dita subvención. Pódese consultar neste enlace.
  • Logo da concesión, a usuaria pode contactar co operador que elixa entre os que colaboran co programa. Para facelo con Lowi hai que chamar ao teléfono 956 920 585 ou escribir ao correo bonodigital@lowi.es para solicitar o produto de fibra ou móbil + fibra que desexe.

Máis información | Lowi

Sobre o autor

Reply