Sobre Agora

Que é agora.gal

agora.gal é unha plataforma de agregación e distribución de contidos dixitais. Esta iniciativa quere aportar valor para os proxectos que apostan pola comunicación en galego, aumentando a visibilidade e o tráfico das súas webs, e tamén para os lectores, que terán na mesma páxina unha porta aberta a fontes moi diversas.

agora.gal pretende ser un espazo de encontro no que todas e todos nos encontremos a gusto. Neste momento contamos con máis de corenta proxectos asociados, pero podemos seguir medrando. Se queres que os contidos da túa páxina aparezan en agora.gal, envíanos cuberto o seguinte formulario. Para calquera cuestión, podes contactarnos. Agradecemos moito o teu feedback!

PS: Aínda quedaches con dúbidas? Pois aquí tes todas as respostas!